|
|
|
|
QUE
FIXEMOS
|
|
-
A Cadea
Humana
-
Referendo
-
Aulas Abertas,
Aulas de liberdade
-
Aulas
para
non esquecer
-Outro
mundo é posíbel, existen outros camiños
-
Censura
nos centros educativos
-
Non me
toques! asina contra o alcalde de Toques
|
|
|
-
Recursos para construír
outro mundo.
- Bibliografía
sobre o Prestige.
-
Vídeos sobre o Prestige.
- Día da PAZ.
Recursos na rede.
-Obra
de teatro "Salvar ao mar"
-
Exposición Internacional de Arte Postal Marea Negra
- Exposición 25 anos de Medio Ambiente con
Xaquín Marín.
-
Materiais sobre as mareas negras
|
|
|
|

correo@areanegra.org
|
| |
|
Educar
é esa palabra madura, viaxeira,
Que se enche de significados nos camiños.
Que nace do compromiso.
Que
explora camiños de dentro-sentir-pensar
cara a fóra-dicir. |
|

|
Educar
é conciliar conceptos e realidade.
Salvar
distancias.
Espertar
as ganas de aprender.
A curiosidade de coñecer.
Coñecer
para facer do mundo un lugar habitable.
Sensible ao diferente– nunca indiferente. |
|
Educar
converte ás espectadoras, ós espectadores
En axentes.
Educar é camiñar
Camiños
de ir de cara e mirar de fronte,
De
ir e vir,
De
procurar e encontrar,
De
escoitar e falar,
De
parar e mirar,
De
coñecer e transformar,
Camiños
de procurar,
De
dicir e facer,
De
sentir e existir,
De
rir e xogar,
De
respectar.
Camiños
de nunca acabar |
|
Camiños
para falar coas persoas con que imos,
Coas persoas que veñen,
Cos
silencios
Camiños
de abrazar a terra que nos abraza,
De
beixar o aire que nos beixa.
de
desvendar olladas. |
|

|
Camiños
para identificar muros
que nos oprimen,
Muros
que nos afogan, que nos separan,
Feitos
de ollos que non miran,
De
mans que non tocan,
De
corazóns que non senten |
|
Camiños
para recoñecer eses muros infames
E derrubalos. |
|
Camiños para tirar as pedras que non nos deixan
oír a voz d@s que non teñen voz
E
escoitalas
Escoitar
o porqué do seu silencio.
Escoitar
o que calan. |
|
Sentir
nosas as voces excluídas
Suprimidas
Torturadas,
marxinadas, condenadas.
Sentir
nosa a dor dos pobos masacrados,
Das
mulleres asasinadas- maltratadas- violadas-
explotadas
Das
linguas que se extinguen
d@s
enferm@s esquecid@s
dos
corpos afogados
Sentir
a dor nas súas marxes das bocas con fame |
|
Sentir
noso o lamento das árbores queimadas,
Dos
mares humillados,
Da
terra envelenada
Tocar
a noite sen soños d@s nen@s
Sen
infancia |
|
Camiños
para encontrarse
Coas voces das dos ninguéns que non son
Porque
non teñen,
Que
teñen nome
pero non identidade
Que
non falan
Porque
non lles deixan
Que
falan
Pero
coa lingua estrangulada |
|
As
os ninguéns que non son
porque
os matan. |
|

|
Derrubemos
todos os muros abominables
Visibles-
invisibles
Pero
muros
Que
nos distancian
E
devolvamos as pedras aos camiños
De
onde foron roubadas
Para
que tornen a ser alí o que sempre foron
Simplemente
pedras. |
|

E
fagamos do universo
un multiverso
Inverso
Reverso
Verso
Seixo
Beixo. |
areanegra
|
En areanegra seguimos traballando por un mar azul, cheo de vida
pola
verdade
pola
xustiza
pola
liberdade de expresión
pola
participación activa do alumnado galego na sociedade
¡NUNCA
MÁIS!
|
|